Feminismos (Obras De Referencia - Xerais Universitaria) (in Galician)
Olga Castro
Synopsis "Feminismos (Obras De Referencia - Xerais Universitaria) (in Galician)"
Feminismos. de Olga Castro e María Reimóndez. é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa. este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas. producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista. Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar. Belén Martín Lucas. da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres. pensadoras e artistas. desde Galicia a Xapón. pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética. China. India ou África subsahariana. por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais. políticos e sociais concretos». Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia. a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo. á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo. as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».